A O

A O

A parroquia de San Salvador da O é a segunda de maior poboación de todo o Concello, que conta cos lugares de O Abeledo, Cadaval, Candedo, Castro, Aldea de Arriba, Mizoite de Arriba, Mizoite de Abaixo e Reboredo. É a parroquia que alberga o único núcleo urbano de todo o Concello, O Castro, que é a capital tamén do mesmo, sendo o lugar onde está a Casa Consistorial e o Centro de Saúde, así coma demais servizos recreativos coma a Piscina ou o Campo de Fútbol.

A Igrexa parroquial de San Salvador da O, románica, conta cos engadidos barrocos que destacan na sua portada e no campanario, chamando a atención o foso que ten no seu acceso ó atrio. Temos que destacar que nos lindes da Parroquia de A O co veciño Concello do Irixo, podemos atopar a Mámoa de Segade e o Menhir de Brañas de Lagorzos, os cales se atopan xusto no lindeiro e que amosan as pegadas do Mosteiro de Oseira coas súas insignias, remarcando unha relación xa coñecida, e definindo ó mesmo tempo o espazo de influenza do mesmo.