CEIP Pío Cabanillas Gallas de Dozón

C/Médico Fernando Martínez, S/N.
C.P. 36518
Teléfono/fax: 986-78-04-72
EMail: ceip.pio.cabanillas@edu.xunta.es

Dozón conta con un colexio de Educación Infantil e Primaria, o CEIP Pío Cabanillas Gallas. Situado no centro de O Castro, e dividido en dúas plantas,conta con todas as instalacións necesarias para a correcta aprendizaxe dos alumnos, así como con varios patios de recreo (dous deles cubertos), para o tempo de descanso. Tamén conta con un comedor gratuito para evitar desprazamentos, xa que as clases se imparten en horario continuo.

Tanto para achegar ós rapaces ata o colexio, como para levalos de volta á casa, Dozón conta con servicio de autobuses, que achegan ós alumnos a cada un dos lugares ós que pertencen.