Información Xeral do Concello

Dozón, con unha superficie próxima ós 75 km2, é o concello con menor extensión da comarca do Deza, á que pertence. Os concellos colindantes son Lalín, Rodeiro, Piñor e O Irixo. Está dividido en oito parroquias, e ten un total de 54 núcleos de poboación, sendo a súa capital O Castro. As parroquias que conforman o concello son A O, O Sixto, Dozón, Saa, Vidueiros, Sanguiñedo, Vilarello e As Maceiras.

O concello pertence ó sector montañoso da comarca do Deza, cuio punto máis alto está situado no monte da Pena de Francia, a 914 metros de altitude. Neste monte está situado o nacemento do río Asneiro, tamén chamado Dezón, e popularmente coñecido como río Deza (chamado así por un erro cartográfico do século pasado), e que da lugar ó nome da comarca á que pertence. Dozón atópase entre as serras de O Faro e O Testeiro, dando lugar así a un terreno accidentado, que non supuxo problemas para poboar o territorio, xa que en varios lugares do concello, como en A O, Vilarello e San Breixo, podemos atoparnos con mámoas e castros que demostran a antiga colonización do concello. Tamén podemos atopar parte de unha calzada romana con dirección a Lugo.

Durante os meses de inverno a temperatura media ronda os 12º, mentras que nos meses estivais está entre os 17º. Tanto o clima como a altitude fan que a economía de Dozón esté basada maioritariamente na agricultura e na gandeiría de vacún e porcino.

O principal acceso a este concello é a carretera N-525 de Ourense a Santiago, habendo tamén unha carretera local que enlazaría co concello de Rodeiro. A través de estas terras atopámonos co Camiño Sanabrés da Ruta da Plata (tamén chamado Mozárabe), que consta de 374 km na súa totalidade.

Dozón conta con importantes monumentos histórico-artísticos, como son a igrexa de San Pedro de Vilanova, ou a igrexa de Santa María de Dozón, ambas na parroquia que da lugar o nome de ésta última. Tamén conta con restos dun mercado do século XVIII, en concreto cos antigos postos, chamados "pendellos".