Fútbol

O concello de Dozón conta con un campo de fútbol, situado onda o albergue e as piscinas municipais. A Curuxa (así é como se chama o campo de fútbol), é o lugar de entrenamento da Sección Deportiva Imaxinarium (SDI), o equipo local, situado no Grupo 9 da Terceira Autonómica, apoiados pola Escola de Fútbol Enrédate.

Piscinas

Un pouco máis abaixo, nun recinto cerrado, atópanse as piscinas municipais, unha para adultos e outra para nenos, ambas ó aire libre. Contan con duchas (tanto interiores como exteriores), baños, vestiarios separados e socorrista permanente na época de apertura, esto é, entre os meses de xullo e principios de setembro.