Igrexa de San Pedro de Vilanova de Dozón

A igrexa de San Pedro de Vilanova de Dozón é un templo románico, datado no século XII, no que se poden ver elementos pertencentes ó barroco.

O mosteiro foi fundado por dona Guntrodo Suárez, viúva de Paio Martínez, crese que no ano 1154, como está sinalado nunha inscripción que figura na ábsida.

No ano 1173 Fernando II concedeulle ó mosteiro o privilexio de coto, firmado por Afonso X e por Sancho IV no ano 1286. Todos estes privilexios foron confirmados por Fernando IV e Pedro I. A súa última abadesa foi Isabel de Ulloa, xa que a partir do ano 1499 a comunidade pasou a formar parte da de San Paio de Antealtares.

Está estructurada nunha planta única, con unha cabeceira dividida en presbiterio e cilindro absidal por medio de sendos arcos triunfais, e con tres fachadas. A nave está cuberta de madeira apoiada sobre 5 pares de ménsulas. O arco exterior é de medio punto, mentras que o absidal é levemente apuntado, e baixo a unión da bóveda absidal e do paramento vertical, alinéanse cinco vans de medio punto decorados con arquivoltas.

Os arcos da cabeceira están rematados en chapiteis decorados con motivos vexetais, e as bases teñen motivos xeométricos. Abundas as marcas de canteiría nos sillares do templo.

A fachada occidental é de corpo rectangular en altura, con dous contrafortes de sección rectangular. No tímpano hai unha cruz patada sobre un disco, e nas dúas partes centrais ábrense dúas pequenas seteiras, mentras que nas cornixas hai canzorrs lisos ou decorados con bolas.

A fachada meridional divídese en catro partes separadas por catro contrafortes de sección rectangular. No tímpano hai unha cruz patada sobre un disco, e nas dúas partes centrais abrense dúas pequenas ventás, mentras que nas cornixas hai canzorros lisos e decorados con bolas.

A fachada septentrional componse de dúas partes separadas por contrafortes e corpo resaltado no que se abre unha porta. Conta con unha cornixa con pequenos arcos de medio punto sobre canzorros. A porta é de arco apuntado con dúas arquivoltas apoiadas en sendas columnas con chapiteis e bases entregos, e fustes monolíticos e moi pegados. No centro do tímpano hai unha cruz con tres flores, e as partes laterais ábrense con sendas ventás de arco semicircular.

Igrexa de San Salvador

Trátase de un edificio de planta rectangular, co presbiterio máis elevado e a sancristía pegada ao alzado sur. A fachada ten porta alintelada, e os muros son de cantería granítica, dispostos en fiadas horizontais, mentras que en cada extremo hai unha pilastra con capitel pegada. As cubertas son a dous e catro augas coa cuberta de tella, e o campanario é de planta cuadrangular e elevado.

Cruceiro O Castro

Detrás da igrexa, nunha encrucillada pola cal discorre o Camiño de Santiago, podemos atopar un cruceiro cerrado por un enreixado, e adornado con flores. Consta de unha cruz potenzada e lisa que se apoia sobre un capitel con rolos. O seu fuste é liso, e a base cúbica, e nun dos seus lados ten un altar de pedra.